sábado, 31 de maio de 2008

Lalin-Novás (Xuvenís)

Un partido pra rirse mais que outra cousa, aqui un pequeno resumo dun xogador do novás, por certo perdemos de 6:
Chegamos, quentamos e comeza o partido (o pabellón atopábase ata a bandeira de xente , non habia un lugar livre na primeira fila coma prometeran os do Lalín jajajjajajaj..... ademais de que como moito haberia 40 persoas niñun pasaba os 18 anos a a metede eran EMOS (debian ser eses os que levaban as catanas)....Algo se cumpliu e é que foi a bofia o pavillón (non se sabe moi ben pra que pero eles estaban ali, facendo honor no seu hombro da bandeira española). Durante todo o partido os afecionados do Lalín despregaron un gran surtido de cánticos (esa defensa, hijos de puta (en castellano claro) e monos).Outra utopía pra os de Lalín que Harris sen os 2 centrais que llo deixan todo en "bandexa" foi o máximo goleador. O rematar o encontro os xogadores do Lalín comezaron a cantar " Donde están que no se ven los aficonados del Novas" e como ben respondeu Harris nada mais escoitalo " No Rosal onde van estar" XDDD....

Forza Novás
Forza Xuventudes

sábado, 24 de maio de 2008

IMpaKtrUENo!!


Nada mais que dedicar a este xoven grupo de musica punk-Oi! un apartado no noso blog para que a xente os vaia coñecendo e que despois cando os vexa tocar por toda Galiza sepan quen son (XDD). O grupo consta de 4 compoñentes ( algun deles deixase caer as veces polo pavillón para animar o Novás os dias de partido) que ainda que leven pouco tempo a tocar xa empezan a ter unha musika variada. E dende aqui desexarlles que triunfen coma grupo e cheguen a ser importantes no ámbito da musika non comercial. Veña un saudo e unhas birras.

quinta-feira, 22 de maio de 2008

NOVA CAMISOLA

XA ESTA SUBIDO O NOVO DISEÑO PARA UNHA CAMISETA PODEN VELO NO APARTADO MATERIAL

POR PETICIONS A PUXEN PERO EN VERSION CON FONDO NEGRO

PD:POR FAVOR DADE A VOSA OPINION

sábado, 17 de maio de 2008

Lalin-Novás (Xuvenís) SÁBADO AS 17:00

ATENÇOM: NOM HABERÁ AUTOBÚS A LALÍN! Debido o soplo dalgunha persoa a directiva do que se estaba a montar o clube decidiu non poñer bus. A indignaçom da xente ( a unha semana do partido xa xuntaramos 30 persoas) non conseguiu que a directiva retrocedese.... terán que ir os xogadores que estamos mais que seguros que o daran todo e non se deixaran intimidar.As baixas do novas serán esteban e cesar. HAI QUE GANHAR RAPACES.

RESULTADOS DA COPA:

Tras impoñernos contra chapela e lalín nas fases de clasificacións cruzámonos có Teucro que nos demostrou porque esta na asobal, e perdimos de 6 ou 7 goles de diferenza. Ainda que perdendo de 5 goles os 15 minutos da segunda metade erremos 3 contrataques que se os chegamos meter poderíamos haber empatado o partido. Non foi asi, pero dimos unha boa imaxe de grada, que podedes observar nesta recopilación de fotos dos dous viaxes, por certo aínda queda saber se quedamos cuartos ou terceiros.

quarta-feira, 14 de maio de 2008

VIAXE A PONTEVEDRA!!


Estase a organizar outro viaxe pra ir presenciar o sábado a Pontevedra o Teucro-Atl.Novás nas semifinais de copa deputación. O prezo dependerá da xente apuntada e variara entre 7 e 8 € o mais seguro é que sexan 7 €. A saída sera dende a praza do calvario o sábado as 9, 9:15 da mañan. Pra apuntarse contacta con kolectivo_duff ou con xuventudesvermellas07 ou chama o 605789915. Un saudo.

terça-feira, 6 de maio de 2008

Viaxe a Tui.


Organizouse un viaxe para o vindeiro sábado no que o Atl.Novás enfrontarase co Chapela en TUI na segunda fase da copa deputación. Xuventudes organiza o viaxe e o seu prezo e de 5€ , sairase dende a praza do calvario as 4 menos cuarto da tarde e o partido comeza as 5. Se queres apuntarte comenta nesta noticia ou mandanos un email. O mellor dependendo da xente e de como vaiamos de cervexa quedarase a ver algo do encontro entre Lalín-Porriño.
O domingo o non ser que se anote a xente en masa non cremos viaxar ( o encontro sería contra Lalín ou Porriño).