terça-feira, 26 de agosto de 2008

Festival da poesía no condado.


Governe quem governe, Galiza nom se vende iste é o eslogan que leva este ano a XXII ediçom do festival da poesía de Salvaterrra de Miño. Este ano os grupos convidados son:

-Sexta-feira 5 de Setembro:

-Ataque Escampe (Galiza)

-The Turre´s Band (Galiza)

-Os Corvos (Portugal)

-O Sonoro Maxín (Galiza)


-Sábado 6 de Setembro

-A Quenlla (Galiza)

-Canto da Terra (Portugal)

-Tabanka Djazz (Guiné-Bissau)

-Pirats Sound Sistema (Països Cataláns)


Pra informarse sobre toda a programaçon prevista visita:http://www.scdcondado.org/festival.htm

Galiza logra 5 medallas en Pekín.


O deporte galego vive un instante inesquecible. Nada máis e nada menos que 5 metales lograron os nosos deportistas en terras asiáticas. Tres ouros (Fernando Echavarri e Antón Paz na modalidade de Tornado e Carlos Pérez “Perucho” na modalidade de K2-500) e dúas pratas (as do grandísimo David Cal en C1-1000 e C1-500) causaron unha gran ledicia en moitas zonas de Galiza.
Dende Xuventudes lles damos a nosa humilde noraboa e lles desexamos toda a sorte do mundo, tanto para os que gañaron como para os que se quedaron no camiño…

quinta-feira, 21 de agosto de 2008

Jaime Ferrero.

Estes dias chegaronnos algunhas petiçoms para que mostrasemos neste blog a seguinte barbarie cometida por este "individuo" actual candidato do PP e como non podia ser doutra forma actvista e militante das xuventude hitl... digo do PP. Expomos as seguintes imaxes no que podemos ollar o valente e honorable Jaime Ferrero nun dia de traballo cotiá no que o moi.... sacause unhas foto. Podedes ver a faciana de noxo que ten a felicidade con que masacra os indefensos animais e os seus amigotes da mesma calaña.

segunda-feira, 18 de agosto de 2008

Pretemporada 2008/09

O Atl.Novás, este ano comandado por Patiño, xa disputou este fin de semá o trofeo do Rosal no que se fixo co segundo posto despois de ser derrotado polo todo poderoso Pilotes Posada na final cun parcial de oito tantos. Cunha boa entrada roldando as 350-400 persoas. O equipo xa leva adestrando 2 semanas. Os dous novos fichaxes tanto o lateral zurdo Celso coma o porteiro David transmitiron boas sensaçoms o público. Ata que chegue o primeiro encontro oficial de tempada teremos que agardar ata o 21 de setembro contra o OAR, asi que mais que seguro se xogaran alguns partidos mais de pretemporada nos que tentaremos estar presentes.

Moncho Reboiras na nosa memoria.


O legado ideolóxico e militante do xove Xosé Ramón Reboiras Noia é, e será, unha ferramenta de enorme valor para a loita de liberación nacional e antisistema da mocidade revolucionaria. A 33 anos da caída en combate de Moncho Reboiras, a súa semente comunista e independentista seguímola a recoller para facer abrollar na nosa Terra un movemento emancipador, subversivo e socialista como o que el comezou a artellar.

A xeración de militantes que representa o Moncho, tod@s de orixe obreira e popular, ingresaron nas fileiras do novo nacionalismo de praxe marxista nado nos 60, e lle deron unha impronta de clase da que todavía carecía. Dotaron ao movemento nacional-popular dunha frente obreira que foi o alicerce do sindicalismo galego, dunha frente cultural que dinamizou esta loita, e sentaron as bases para crear a frente da masas e as de maiores cotas de enfrontamento co estado imperialista.

A caída deste camarada simboliza o trunfo do reformismo cara un 'nacionalismo' rexionalista como o que hoxe representa unha das dúas cabezas do goberniño autonómico, e significou tamén, con Moncho na memoria, a fundación entre finais dos 70 e mediados dos 80 do independentismo de clase do que hoxe facemos parte.

Non podemos esquecer o camiño que marcou esta xeración, debemos aprender dos seus erros e mellorar os seus acertos para así alicerzar un amplo e verdadeiro movemento de liberación nacional e de clase que destrúa as cadeas que nos xunguen con España e o Capital.
Pra saber algo mais da sua vida: http://gl.wikipedia.org/wiki/Moncho_Reboiras

Moncho Reboiras, a loita continúa!
O futuro é noso!

Apaga Tele 5!!


Queren impedir os nosos direitos lingüisticos, hoxe coma nos tempos do franquismo. Á direita: pasquin fascistaA canle de televisión Telecinco adheriuse ao “Manifesto pola lingua común”, que o pasado 23 de Xuño apresentou un grupo de intelectuais en Madrid.
A canle comparte as exixencias deste grupo de intelectuais, entre os que se atopan Mario Vargas Llosa, Fernando Savater ou Álvaro Pombo, que piden ao parlamento español que elabore unha normativa para fixar que o español sexa a lingua oficial do estado e a única 'que poida ser utilizada polos seus cidadáns'.
Telecinco é a primeira televisión que se adheriu a este manifesto. Alén diso, Telecinco dixo no informativo do mediodía, que pon a disposición do colectivo que leva esta iniciativa, a súa canle de televisión para dar apoio a este proxecto.
Se eles se adhiren ao manifesto, nós desconectamos Telecinco.
Xuntos podemos!Pásao

terça-feira, 5 de agosto de 2008

A NOSA LINGUA

Pra todos os que se queixaron por que falamos a nosa lingua(a galega) lles adicamos este poema.

DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

CELSO EMILIO FERREIRO