quinta-feira, 30 de abril de 2009

Primeiro de Maio: pola defensa do emprego, os dereitos e as prestacións sociais.

A CIG vai desenvolver o vindeiro 1 de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, unha campaña de manifestacións por todo o País, continuando as mobilizacións que nos últimos meses a central veu desenvolvendo para reclamar que a crise a pague o capital. Este ano o lema das manifestacións será “Emprego, Dereitos e Prestacións Sociais” reivindicacións históricas que cobran especial importancia nestes tempos de crise non só económica, senón tamén de sistema.

A intensidade coa que se está a desenvolver a crise do capitalismo, está provocando de xeito acelerado a destrución de miles de emprego en Galiza. As empresas aproveitan a caída da actividade para impoñer despedimentos baratos do persoal con contratos fixos por medio de ERE. Non debemos esquecer as cifras do paro dos últimos meses, que superan xa os 200.000 desempregados/as no País, a falla de cobertura das prestacións sociais, a presentación diaria de expedientes de regulación ou a paralización interesada da negociación dos convenios colectivos por parte da patronal.

Mentres a CEOE e institucións públicas como o Banco de España reclaman reformas estruturais na lexislación laboral destinadas a recortar os dereitos dos traballadores/as, a diminución do poder adquisitivo e recortes nas coberturas e prestacións sociais. A clase traballadora ten que achegar unha resposta contundente que obrigue a tomar medidas extraordinarias de alcance político.

Medidas do goberno: na liña de sempre

Pero cales son as respostas do Goberno á crise? As medidas recollidas no Real Decreto van polo camiño habitual: favorecer ao capital. A novidade máis salientábel das propostas do executivo de Zapatero atópase nunha curiosa fórmula para incentivar a contratación: que o traballador/a cubra os gastos á seguridade social coas prestacións ou subsidios. Segundo se recolle na medida até ao 31 de decembro de 2009, a contratación indefinida de traballadores/as desempregados/as beneficiarios de prestacións ou subsidios por desemprego ou da renda activa de inserción (RAI) vai dar dereito á bonificación de 100% da cota empresarial á Seguranza Social.
Deste xeito estase creando unha clara discriminación entre aqueles traballadores/as que gozan de prestacións e os que xa as esgotaron ou non xeraron dereito a recibir subsidio.
“Estamos ante a medida máis desafortunada das incluídas no Real Decreto-Lei, pois lanza os desempregados a unha competición desigual polo emprego, na cal serán máis «atractivos» para as empresas os traballadores cunha prestación pendente máis elevada (que permiten bonificar unha maior cota, reducindo o seu custo salarial) fronte a aqueles que teñen menor prestación pendente ou non son perceptores de prestación ningunha”, explica o avogado da CIG, Héctor López, nun informe.

Reivindicacións máis necesarias:
Dende a CIG, o vindeiro Primeiro de Maio continuarase a reclamar a reactivación da economía coa creación dunha banca Pública, tamén en Galiza, que non permita o estrangulamento do sistema produtivo; a protección dos desempregados/as e daqueles/as que xa non teñen ingresos por medio dun salario de reinserción laboral; unha fiscalidade progresiva na que paguen máis os máis ricos, ampliar os sistemas de protección social básicos (saúde, pensións, atención a situacións de dependencia e discriminación, etc, ); o desenvolvemento de infraestruturas e actividades económicas que se baseen na protección do medio ambiente e potenciar a soberanía alimentar..., é dicir, avanzar cara a un novo modelo económico e social, que comprometa a soberanía do pobo galego e o socialismo do século XXI.
Sobran as razóns para participar o vindeiro 1 de Maio nas manifestación convocadas pola CIG en todo o País.

MANIFESTACIÓNS PREVISTAS NAS DISTINTAS COMARCAS

VIGO: ás 12:00 con saída dende a Doblada.
A CORUÑA: ás 12:00 horas dende a Praza de Vigo.
COMPOSTELA: ás 12:30 horas dende a Praza Roxa.
FERROL: ás 12:00 horas con saída na Avenida do Esteiro.
A MARIÑA: ás 12:30 horas dende a Praza do Conde de Fontao (FOZ).
LUGO: ás 12:00 horas dende a Ronda da Muralla
OURENSE: ás 12:00 horas dende o Pavillón dos Remedios.
PONTEVEDRA: ás 12:00 horas dende a Praza da Ferrería.

quarta-feira, 29 de abril de 2009

Patinho deixa-nos.

Según fomos informados o adestrador Ignacio Patinho decidiu nom seguir comandando o Atl.Novás. Entre os motivos principais estam os familiares mais bom nos vindeiros dias el dara as explicaçoms que crea apropiadas. As suas decisoms derom que falar entre a hinchada do Novás mais cre-mos que fijo o que pudo, por isso, obrigad@s Patinho.

segunda-feira, 27 de abril de 2009

Fase de ascenso.


Umha vez mais nom puido ser. A hinchada do Novás desprazou-se maciçamente num autobus e em varios carros somando umhas cem pessoas nas gradas de Torrelavega desplegando umha mui boa animaçom. Umhas 10 pessoas de Xuventudes desparazadas que animaron o que puiderom e mais. Apesares da animaçom e do bom jogo despregado pola nossa equipa falhou-nos coma outras vezes um ponto de sorte. Os resultados obtidos nos tres encontro forom os seguintes:

1ª jornada: MECALIA ATL. NOVÁS 22 - 31 TORRELAVEGA


2ª jornada: PAN MOGUER 34 - 33 MECALIA ATL. NOVÁS


3ª jornada: MECALIA ATL. NOVÁS 30 - 29 BM COSTA VINAROS


Obriogatoriamente necessitava-mos ganhar 2 encontros mais nom o atinguimos. Algo bom que sacamos da viagem foi conhecer a gente de "Orgasmos del besaya" de quenes obtive-mos um tratamento perfeito e trocando material de ambos grupos. Um forte abraço para estes monstros e até a próxima.

terça-feira, 21 de abril de 2009

Sempre Herbello!


Por mor dum esguince num ligamento da rodilla Pablo Herbello perdera-se esta primeira fase alomenos. A lessom foi provocada no encontro disputado contra o Bueu no que ademais deslocou a rótula. O lugar que deixa vago Herbello será ocupado por Paulo quem sabe-mos que dara todo mais nom chegará a aportaçom que Herbello dava a equipa. Por isso agora mais que nunca esta hinchada tem o dever de animar os 60 minutos sem respiro. Dende XX*VV alentar a Herbello a que nom caia na desesperaçom, e agarde coma todos nos a que o Atl.Novás passe esta primeira fase. Força Herbello!

Concerto A Guarda 2 de maio.


Na Estaçom de autobuses:
- Ás 16:00 hrs:
· Palestra contra o TAV, polo Grupo de Agitación Social (Vigo)
- Ás 22:00 hrs:
·Deskartes Band (Ska reggae dende Ponteareas)
·Frakaso Skolar (punk-rock dende A Guarda)
·Nas Túas Mans (hardcore dende Vigo)RDT (Punk dende a Rioxa)
Preço: 4euros
Acude e difunde!!

domingo, 19 de abril de 2009

Fora da copa diputaçom de Ponte Vedra.


Ficamos eliminados da copa após de caer derrotados ante o Bueu, equipa que em liga nom nos deu muita complicaçom, mais perdeu-se de três tantos. Pero rapidamente esquezi-mos este resultado o saber que a lessom sofrida por Pablo Herbelho ficou numha deslocaçom de rótula , durante o encontro precissamente disputado na súa terra, que o parecer nom é mui grave e em principio estará disponível para jogar a fase. Esta nova mantivo-nos preocupados a nós e a todo o Rosal até o seu desenlace. Só podemos agardar que dé o 120% na fase, ânimo Herbelho!

domingo, 12 de abril de 2009

Viagem a Torrelavega.

Depois de chamar a varias empressas de autocarros e buscar alojamentos nas terras cantabras o mais económico que atopamos foi o seguinte: o autobús cum prezo para tod@s igual que fica nums 36€, e o que modificamos e a zona de alojamento onde se pode eligir entre o hotel que som 25 €/día com penssom completa; ou o camping que foi a elecçom proposta por nos a que se sumou pouca gente a pesares de que tem um custo de 15€ os tres dias aproximadamente pero sem comida. Penduro a pagina web do camping http://www.campingaltamira.com/ . Tanto o hotel coma o camping ficam nas aforas da cidade perto dums 4,5 km. O hotel dista do camping em meio kilometro. Para desprazarse teremolo que fazer ou no propio bus que nos leva ou nos de linea que podam passar por essa estrada.

terça-feira, 7 de abril de 2009

Destino Torrelavega.


A fase disputarase em Torrelavega (Cantabria) o 24 25 e 26 deste mes. Já estamos organizando e preparando o necessario para a viajem em cooperaçom com Penha Jomas e gente da banda. O nosso obxetivo é desprazar umhas 20-25 pessoas alomenos de Xuventudes. Muitos de vos já estades apuntados, agora pode-vos em contacto connosco o antes posivel para certificar que viaxades já que as praças estam case esgotadas. O custo do autobus roldará os 30€ ainda que se pediu subvençon ao concelho, além disto esta o alojamento o que daremos dous alternativas, durmir no bus ou num albergue ás aforas da cidade. Em breves penduraremos toda a informaçom com preços definitivos. Nom o duvides apúntate.

domingo, 5 de abril de 2009

Atl.Novás 28 - 39 Ademar de León




Os peixes tiverom que ser devoltos a fonte... A pesares de que a afecçom do Novás respostou como nunca fazendo umha mobilizaçom maciça e cheando um pavillom onde o Ademar deu-nos um repaso em toda regra. Os jogadores derom todo pola súa parte pero nom fôrom quem de prantar-lhe cara o Ademar quenes vinherom cum "extra" de motivaçom para ganhar o encontro tendo em conta que nom se jogavan nada.. Pola parte de Xuventudes mui boa assistência cumhas 35 pessoas detras da nossa pancarta, tamén boa animaçom durante case todo o encontro aínda que puido ser mais. A nova situaçom fica definitivamente como Chapela ganhador da liga a quem lhes damos os nossos parabéns. Agora só falha decidir onde será a fase de ascenso a que temos pensado assistir e já nos estamos organizando para fazer factível esta viajem. Sem máis obrigad@s Novás.