segunda-feira, 22 de dezembro de 2008

Plantémoslhe cara!


O partido social-cristiano Alternativa Española , convocou manifestaçoms em duas ciudades da Galiza, a favor da vida, contra o abortismo e a eutranasia, esta manifestaçom ha sido secundada por diversos grupos da mesma ideoloxía fascista, dende Acçom Antifascista Galiza convidamoste a plantarlhes cara o próximo DIA 26 as 12:00.

CORUNHA- Clinica Faos Entrepeñas 2
VIGO- Clinica Castrelos Avda Balaidos 1 1ºH
Plantemoslhe cara,cada quem e livre de decidir.Fascismo nunca mais.

sábado, 20 de dezembro de 2008

Ademar de León 35 - 36 Atl.Novás


Gol de Víctor de penalti nos derradeiros segundos do encontro o que nos da a última victoria antes de rematar a primeira volta.

domingo, 14 de dezembro de 2008

Atl.Novás 31 - 28 Cafes Toscaf


Cómoda victoria no pavillón do Rosal onde o mais preto que estivo o Tosacaf do Novás foi o termino da primeira parte onde ganhabamos de un. Na segunda parte dominio e victoria. Outra xornada mais coma líderes e o único equipo que responde e o Canario Catering. Boa asistencia na grada a pesares do partido do Celta. Agora tocan dous partidos fora un deles será na Corunha onde se esta a barallar a posibilidade de por um autobús. Xa se pora mais informaçom respecto a iso.

quarta-feira, 10 de dezembro de 2008

Bm.Puerto Cruz 30 - 34 Atl.Novás


Outro encontro ganhado, nom sem dificultades pero ganhado. Logo do partido merecida festa dos xogadores por terras canarias. O partido nom deu moito mais de si e ficamos na primeira posiçom com dous puntos de vantaxe respecto o segundo o Canario Catering.O vindeiro encontro disputaremolo contra o Cafes Toscaf a uem sacamos 4 puntos de vantaxe. Esperamos que na grada de Xuventudes haia um bó número de xente pese a coincidir có encontro do Celta.

segunda-feira, 1 de dezembro de 2008

ATL.NOVÁS 29 - 26 BM LALÍN


Outra victoria a sumar no nosso casilleiro, o que nos axuda a seguir na primeira posiçom, e esta vez contra um clásico coma o Lalín. O encontro empezou cum arranque espectacular por parte do Novás, e cunha mais que boa actuaçom de Xestido. Na segunda parte a partires do empate a 23 o Novás escapouse no marcador dun Lalín impotente. Gradas mais ou menos cheas, a asistencia da xente de Xuventudes foi escasa debido a que o Lalín atópase no octavo posto e o encontro coincidiu co partido do Celta e o dos xuvenís em Lalín. Esperemos que na volta em Lalín nom ocorra o mesmo. Força Xuventudes!

6-D MANIFESTAÇOM EM COMPOSTELA


Causa Galiza convoca a toda a cidadanía galega a mostrar o rexeitamento á constitución española e o apoio ao dereito de autodeterminación mobilizandose o próximo 6 de Decembro ás 13:30 na praza do Toural, en Compostela. Con esta iniciativa, Causa Galiza continúa co seu papel de realizar actos conxuntos que reúnan a todas as persoas, colectivos, organizacións e forzas políticas do soberanismo de esquerdas do país, nunha visibilización do dereito galego á autodeterminación.

A Constitución Española significou a prohibicion expresa do exercicio á soberanía nacional e do dereito a autodeterminación do pobo galego. Privounos da posibilidade de decidirmos cal é a relación que queremos manter co resto dos pobos. Esta limitación está na raíz das agresións que ao longo destes 30 anos sufriu Galiza e o seu pobo traballador. Por esta razón, Causa Galiza considera que non temos nada que celebrar no aniversario da Constitución “borbónica”, herdeira do réxime franquista, que só serviu para manter a opresión nacional da Galiza e frear o seu desenvolvemento.