domingo, 28 de junho de 2009

Manifesto básico pola defensa da RTVG.

Contra a censura e a marxinación da música galega.

" Artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG: A programación debe de estar inspirada na promoción e difusión da cultura e lingua galega “. Diante da eliminación da música galega do programa ABERTO POR REFORMAS , e en relación coa deformación e perversion dos seus contidos…

Consideramos que este programa viña sendo…

Un programa plural, aberto á cidadanía e participativo, como a sociedade na que queremos vivir e, precisamente por iso, um programa onde a música se vivía con vitalidade, intensidade e enerxía.

Un programa cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua, no noso país, como un espello diario no que a xente preocupada pola música de calquer tendencia ollabamos unha realidade socio-cultural que está a transformar a historia da nosa música.

Un programa, enraizado na radio de todos e todas as galegas, cunha vocación pública fundamental, ofrecendo a música que se está a facer no nosso país como un ben público de interese xeral.

Un programa que axudaba a tecer os fios da rede socio-cultural da música galega, que nos relaciona ás persoas que facemos a música do século XXI coas persoas que queren gozar, emocionarse e vivir a música do presente.

Un programa que, durante os seus máis de 900 (¿?¿¿) días de emisión, día a día, fixo que –como recolle o Plan Xeral de Normalización da Língua Galega , aprovado por consenso polos tres partidos políticos maioritarios- o galego estivese vinculado e fose vivido por milleiros de persoas como referente de modernidade, como un motor de normalidade língüística cotiá.

Un programa que materializaba de forma sobresaliente a natureza e principios da propia CRTVG, no artigo primeiro da súa Lei de Creación: a promoción, difusión e impulso da lingua galega .

Un programa que, nun contorno social e mediático onde a cultura, a lingua e a música galega son minoritarias, minorizadas e desprezadas por múltiplos agentes sociais e institucionais, se baseaba na posta en valor da nosa cultura, a nosa lingua e a nosa música.

Un programa absolutamente xeneroso, respectuoso e honesto nas relacións humanas coa xente que está criar, a comunicar, a compartir, a impulsar, a gozar coa música deste país.

Un programa, ademais, aberto a culturas e músicas de todo o planeta, poñendo a música galega en relación -en pé de igualdade- coa doutras partes do mundo, con especial interese polas músicas irmás da Lusofonía.


...e por iso...

Entendemos que esta medida de eliminación da música en língua galega supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galiza están a realizar contra a lingua e a cultura dos galegos e galegas.

Queremos denunciar, como xente preocupada pola nosa música e a nosa cultura, esta agresión dirixida –cunha intención política e simbólica evidente- contra un dos veículos de comunicación do movimento de Rexurdimento Musical que as novas xerazóns do mundo da música estamos a protagonizar, impulsado por unha sociedade que sabe valorar a sua criatividade.

Queremos posicionarnos e defender de forma decidida, belixerante e irrenunciábel a presenza da música galega na nosa Radio Pública.

Queremos dirixirnos á xente sensível coa nosa cultura e coa nosa música, para sumarse a esta denuncia, a esta reivindicación lexítima: A MÚSICA GALEGA DE VOLTA Á RÁDIO GALEGA!

Pedimos que se restableza un programa diario que de conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral.


domingo, 21 de junho de 2009

Una carta del cantante catalán Cesc Freixes, donde relata lo ocurrido en una mesa que recuenta votos en Barcelona.

Tras llegar de Girona, dónde ayer actuamos en el Bar El Círculo (por cierto, que guapo y que emotivo fue el concierto de ayer!), he pasado por el piso del Poble Sec. He tenido tiempo para comer y ducharme. Poco después, me llamaban los compañeros de Iniciativa Internacionalista, que necesitaban más personas para ir a supervisar el recuento de votos de las pasadas elecciones europeas. Hay muchas cosas que querría decir. Hoy, ha sido uno de aquellos días que realmente no acabas de creer el que está pasando...."
Me he dirigido, hacia las cinco de la tarde, a la sede que la Junta Electoral Provincial de Barcelona había instalado en un hotel de cuatro estrellas del centro de Barcelona. Es decir; con dinero público, el Estado se gasta una cantidad de dinero para hacer un recuento de votos que se podría celebrar, perfectamente, en un espacio público. La respuesta de algunos de los magistrados presentes: hacerlo aquí nos salo mucho más barato que hacerlo en un espacio público. De acuerdo. Y yo nací en Saturno.

El caso es que se trataba, sencillamente, de sentarse en una de las treinta mesas instaladas, para repasar que los números de las actas electorales (de cada mesa electoral) de la provincia de Barcelona coincidiesen con los números que hizo públicos el Ministerio de Interior, en relación a la cantidad de votos asignados a cada candidatura presentada.

No hacía ni un minuto que me había sentado en una mesa, en compañía de un representante de CIU y de uno del PP, para supervisar el recuento. De repente, responsables de la Junta Electoral me han venido a pedir alguna identificación. Por ley, según la normativa que hemos podido leer de la propia Junta Electoral, cualquier ciudadano puede acudir a este recuento. Pero resulta que, como aquel quien no quiere la cosa, hoy por la mañana habían acordado, de forma verbal, que sólo podrían entrar representantes de las candidaturas que llevasen algún tipo de acreditación, como la de los apoderados.

A mí esto no me parece del todo mal, más que nada porque hace falta cumplir una cierta cuota de disciplina organizativa, y demostrar que quien está presente en este recuento está representando alguna candidatura. Pero me parecería correcto si ellos mismos no empezaran a hacer cambios en la normativa. Cambios, además, según nos han afirmado, que se han efectuado de forma verbal, sin firmar ningún papel ni comunicarlo en ningún lugar. Indignante.

¿Qué ha pasado, exactamente? Pues que la única persona a la que no han dejado presenciar el recuento electoral he sido yo. Sabemos que otras personas han accedido sin acreditación ni ningún tipo de documento que los autorizara a entrar. No se les ha impedido la entrada. He aquí su hipocresía, su continuo goteo de criminalizaciones hacia personas que lo único que queremos es conseguir que haya transparencia y democracia verdadera en un proceso como este.
Entendemos, por lo tanto, que ha sido una demostración de exclusión democrática motivada por un trasfondo de prejuicio a través de una estética determinada. ¿Y después? Han avisado a tres patrullas de los Mossos d'Esquadra. ¿Estábamos alterando el orden público? Recordemos, también, que los uniformados han entrado con armas dentro de un espacio dónde lo tienen totalmente prohibido. Total, sólo estábamos pidiendo que los señores y las señoras de la Junta Electoral hiciesen cumplir su propia ley. Ni para esto sirven, esta pandilla de hipócritas. Sin que la cosa fuera a mas, nos han pedido que nos quedáramos en la zona de acceso público (?), para esperar la contestación a la denúnica que hemos presentado en el lugar (que, por cierto, tampoco nos han respondido). Han pedido el Documento de Identidad a algunos compañeros, para apuntar el incidente. ¿Incidente? El incidente se estaba cometiendo, desde las ocho de la mañana, en aquel hotel de cuatro estrellas del centro de la ciudad.
Votos nulos y en blanco que han desaparecido. Votos válidos que, por la fuerza de los funcionarios, han sido considerados como nulos. Cajas y más cajas de votos desperdigadas por la sala, sin que nadie, nadie, las estuviera vigilando ni controlando. Votos y papeletas por el suelo. Votos de partidos asociados a otros partidos. Recuentos parciales realizados con la presencia de dos representantes que, únicamente, revisaban los votos de los dos partidos a quienes defendían. Gritos y ruido cuando los representantes de Iniciativa Internacionalista exigíendo abrir los sobres con los votos nulos, obligación reglada por la ley española y que a la mayoría de mesas, allá dónde no había personas de II-SP, no se hacía. Criterios totalmente contrapuestos entre mesa y mesa para decidir qué era y qué no era un voto nulo.

Esta es la democracia española. No quieras ni saber qué han hecho con cada voto

sexta-feira, 19 de junho de 2009

Os trabalhadores do metal a toda a cidadanía.


Queremos transmitirvos a nosa verdade por medio deste escrito xa que os acontecementos diarios son constantemente deformados.

Antes de nada pedir desculpas polos trastornos que causamos nas nosas manifestacións, e sobre todo cando son disoltas de xeito brutal pola policía recaendo tamén nos cidadáns os golpes e pelotazos. Incluso os danos materiais nos negocios que por darnos acollida aos manifestantes, as súas cristaleiras son abatidas a bocaxarro en diferentes lugares da cidade.
Os 23.000 traballadores do Sector do Metal na Provincia, soldadores, mecánicos, chapistas, caldereiros, electricistas, torneiros, fresadores, pintores, fontaneiros, etc, somos os Pais dos mozos e mozas que andan polas rúas da cidade, somos os irmáns, primos, fillos e fillas, os amigos e amigas que coñecedes, os amigos dos vosos fillos e das vosas fillas, somos como a inmensa maioría, traballadores que cobramos sobre Mil euros en oito horas e como non chega para pagar os gastos da casa e todo o demáis, moitos de nós traballan once horas ao día, e por esta razón, cando chegamos aos cincuenta anos temos diferentes lesións incurables.

Todos os anos vemos falecer algún compañeiro en accidente laboral, mentres os nosos Patróns non renuncian aos seus chaléts con piscinas nin aos seus barcos nin as grandes comidas nos mellores restaurantes. Eles nunca acaban probes. Moitos empresarios non cumplen a Lei que é o noso Convenio, e traen traballadores de fora pagándolles a metade do salario, porque nós debemos resultarlles caro. Esta é a verdade do Metal.

Pedimos 0,50 euros de incremento por hora traballada, pero eles xa subiron mais de 3 euros na mesma hora aos seus clientes. Falan de crise e aproveitan para despedir de maneira barata, mentres reciben millóns de axuda pública, do diñeiro que nós pagamos como impostos. Din que xa perderon máis de 200 millóns de euros con esta Folga, pois con este diñeiro pagarían 15 anos do incremento salarial que pedimos. Din que resultamos caros con esta crise, pero os nosos salarios son moito mais baixos e temos mais contratos precarios que en Cataluña, Madrid, Francia, Alemania, Bélxica etc., acaso nestes lugares non lles afecta a crise.

Pensa quen son os Agresores e quen os Agredidos, o noso Convenio axuda a mellorar o resto dos Convenios, por esta razón toda a Patronal quere vencernos, someternos e voltar a ter ao 70 % de traballadores eventuais, despedir libremente, contratar ETTs, non pagar as horas extras obrigadas, non dar os días de descanso, e quedarse cunha parte maior dos nosos salarios.
A nosa loita é por dignidade e ti sabes do que falamos.

GRAZAS

terça-feira, 16 de junho de 2009

Abel González, novo adestrador.

A directiva nom se fijo agardar para buscar e contratar un novo adestrador, o elexido foi Abel González quem além de haber tido umha longa carreira como jogador também conta cumha ampla experiência como técnico chegando a adestrar equipas coma Unión África Ceutí, Chapela, Porrinho ou Bueu, esta última é onde exerceu como ténico na derradeira tempada deixando-o na 8ª posiçom. Os nossos melhores desejos para ele na sua estância no Novás.

quinta-feira, 11 de junho de 2009

Modesto Augusto deixa-nos.

O novo adestrador Modesto Augusto, o mesmo que assinara contrato fai uns dias connosco, decidiu marchar para o Teucro, que se atopa em divisom de honor B após de descender este ano.
A causa da sua marcha e exclusivamente desportiva, e nom imos comentar mais nada, agora agardemos a que o presidente e a directiva sejam capaces de formar umha equipa competitiva que nos leve de novo polo menos a fase de ascenso. Modesto que che vaia bem...