terça-feira, 5 de agosto de 2008

A NOSA LINGUA

Pra todos os que se queixaron por que falamos a nosa lingua(a galega) lles adicamos este poema.

DEITADO FRENTE AO MAR

Lingoa proletaria do meu pobo,
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa nan saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Eu fáloa porque sí, porque me gosta
e quero estar cos meus, coa xente miña,
perto dos homes bos que sofren longo
unha historia contada noutra lingoa.

Non falo pra os soberbios,
non falo pra os ruis e poderosos,
non falo pra os finchados,
non falo pra os valeiros,
non falo pra os estúpidos,
que falo pra os que agoantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
pra os que súan e choran
un pranto cotidián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.

Eu non podo arredar as miñas verbas
de tódolos que sofren neste mundo.

E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, dóce mágoa das Españas,
deitada rente ao mar, ise camiño...

CELSO EMILIO FERREIRO

2 comentários:

Anônimo disse...

A nosa lingua?? Vale, está moi ben que defendades o galego, pero isto é unha páxina (blog) sobre o Novás e a min estas historias das que falandes non me importan, ainda que bueno, a peña esta en vez de seguidora do Novás parece seguidora da política nacionalista e cousas así polo visto aquí.

Haber se de cando en cando deixandes caer algunha noticia sobre o Novás, alguns datos sobre os fichaxes, sobre cando comeza a pretempada, etc etc

Un saudo, sen ánimo de ofender ;)

Kolectivo_duff disse...

xa esta todo dito pero cho repito:

Fichaxe:Celso
Comezo da tempada: 21_09_2008
Novas do Novás:pareceme que isto nom é o Real Madrid nin nos somos o marca...
Se queres informarte de mais pra algo fixeron o foro do Novas ali podes discutir coa xente q iso é o q vos gusta. 1 saudo sen animo de ofender.