segunda-feira, 18 de agosto de 2008

Moncho Reboiras na nosa memoria.


O legado ideolóxico e militante do xove Xosé Ramón Reboiras Noia é, e será, unha ferramenta de enorme valor para a loita de liberación nacional e antisistema da mocidade revolucionaria. A 33 anos da caída en combate de Moncho Reboiras, a súa semente comunista e independentista seguímola a recoller para facer abrollar na nosa Terra un movemento emancipador, subversivo e socialista como o que el comezou a artellar.

A xeración de militantes que representa o Moncho, tod@s de orixe obreira e popular, ingresaron nas fileiras do novo nacionalismo de praxe marxista nado nos 60, e lle deron unha impronta de clase da que todavía carecía. Dotaron ao movemento nacional-popular dunha frente obreira que foi o alicerce do sindicalismo galego, dunha frente cultural que dinamizou esta loita, e sentaron as bases para crear a frente da masas e as de maiores cotas de enfrontamento co estado imperialista.

A caída deste camarada simboliza o trunfo do reformismo cara un 'nacionalismo' rexionalista como o que hoxe representa unha das dúas cabezas do goberniño autonómico, e significou tamén, con Moncho na memoria, a fundación entre finais dos 70 e mediados dos 80 do independentismo de clase do que hoxe facemos parte.

Non podemos esquecer o camiño que marcou esta xeración, debemos aprender dos seus erros e mellorar os seus acertos para así alicerzar un amplo e verdadeiro movemento de liberación nacional e de clase que destrúa as cadeas que nos xunguen con España e o Capital.
Pra saber algo mais da sua vida: http://gl.wikipedia.org/wiki/Moncho_Reboiras

Moncho Reboiras, a loita continúa!
O futuro é noso!

Nenhum comentário: