segunda-feira, 20 de outubro de 2008

Atl.Novás 32 - 23 Canario Catering Chapela

E seguimos a sumar puntos, e sorprendente a forma no que se atopa o equipo. No ataque máxima efectividade e na defensa contundentes. A nivel particular Rafa Gestido fixo um bó encontro pero foi unha vágoa que se lesionara cara o final e tanto suplentes coma titulares mantiveron um nivel de xogo moi alto durante os 60 minutos de partido sen excepçoms. Tras esta victoria o equipo colócase na primeira posiçom, os nossos parabéns. Destacar dos demais resultados da xornada a victoria do Lalín frente o Covadonga por um gol o que o mantén igualado a puntos co Novás. Por ultimo resaltar o gran número de persoas presentes na grada de Xuventudes, aínda que a animaçom nom foi tam boa coma se esperaba.

Nenhum comentário: