sábado, 4 de outubro de 2008

GZ NO MUNDIAL FEMININO DE FÚTBOL SALA


Dende xuventudes queremos darlle todo o noso apoio a selección nacional da Galiza,sei que tardamos en por informacion pero mais vale tarde que nunca.

Espectacular. Ese é o adxectivo co que poderiamos calificar a actuación da nosa selección feminina de fútbol sala no mundial de Catalunya, primeira ocasión na que unha selección do noso país participa nun campionato de carácter oficial. As nosas xogadoras derrotaron ás arxentinas por un contundente 8-1, resultado certamente sorprendente tendo en conta o nivel amosado ata este encontro pola potente Arxentina, que ademais de non coñecer a derrota neste torneo, solventaran os seus encontros con sendas goleadas, tal como advertíamos neste mesmo blog, ante Bélxica e Venezuela, seleccións ante as cales acadaron 14 tantos ó seu prol por únicamente 3 en contra.

Este mesmo sábado, Galiza mídese a Colombia nun encontro que decidirá cal das dúas gaña unha praza para a final do domingo. As colombianas venceron o seu encontro de cuartos ante Paraguai por 5-1. Salvo contadas excepcións, nas que nós tamén nos incluímos, dende os diferentes medios informativos galegos non se fan eco desta extraordinaria e importante nova para todo o deporte galego, algo que xa era de agardar (a democracia á española é o que ten, e os perros de prensa xa saben cal é o seu cometido).

A outra semifinal enfrontará á selección anfitriona, Catalunya, con Rusia.

texto sacado de http://celtarrismo.blogspot.com

Um comentário:

Kolectivo_duff disse...

E como nom os espanhois sempre a foder tentando por todolos medios que Catalunya e Galiza nom puideram xogar este torneo...coma en outros moitos deportes nos que os que triunfan som atletas galegos e cataláns coa camisola espanhola...